Select Page

O documental ‘María Victoria Moreno, galega por amor’ chega á rede

Logo da súa presentación pública o pasado 27 de abril, a rede acolle desde o pasado 3 de maio o documental íntegro María Victoria Moreno, galega por amor. O filme de 40 minutos, que podedes ver aquí, foi producido polo Concello de Pontevedra e percorre a vida e a obra da homenaxeada no Día das Letras Galegas e amosa o seu vencello coa cidade da man de amizades como Fina Casalderrey, Xavier Senín, Xesús Alonso Montero, Manuel Bragado ou Francisco Castro.

En paralelo, o IES Torrente Ballester, onde foi profesora a popular escritora, quixo lembrala co seu propio audiovisual. A Vídeo-homenaxe a Mª Victoria Moreno recolle testemuños de mestres e alumnos e achegan unha visión próxima da autora no ámbito educativo.