Select Page

Festiletras convertirá O Couto nun fervedoiro cultural entre o 16 e 20 de maio

Como todos os anos, chega á pequena aldea do Couto (Ponteceso) unha nova edición do Festiletras, a 36ª, cunha programación que mestura, desta volta, a ciencia -coa participación de Jorge Mira ou a gravación do programa Efervesciencia-, coa artesanía, os obradoiros didácticos, a música -con TanxugueirasMounqup, Txarango ou Igmig-, e os contacontos como Anxo Moure e espectáculos para adultos coma o de Xurxo Souto.

Os actos celebraranse do 16 ao 20 de maio. Haberá un día adicado á internet, outro á ciencia e como non, outro ás Aldeas singulares, con ese encontro que fai da aldea pontecesá o foco de recuperación da vida no rural.

Este ano os escollidos para recibir o galardón dos Bos e Xenerosos son a escritora Marilar Alexandre, o debuxante Xaquín Marín, o artista da escena Quico Cadaval e a cantante Sés. A entrega servirá, coma sempre, para abrir o programa, o mércores 16 de maio a partir das 21:00h.

Consulta o cartel completo na web do CDSG.