3%: A distopía do Brasil

Entre o grande abanico de producións que ofrece o catálogo de Netflix atópase a serie brasileira 3%, unha distopía futurista que pode pasar desapercibida na plataforma online e que, sen embargo, conseguiu facerse cun nicho de espectadores fieis que recibiu na súa segunda tempada unha continuación que superou as expectativas dos fans máis esixentes

A división da sociedade que se nos amosa en 3% trátase dunha clara referencia as favelas de Brasil e a forte disparidade económica do país. Esta realidade preséntase ao extremo na serie partindo da seguinte premisa: cada ano ten lugar o Proceso, unha serie de probas nas que participan os cidadáns de 20 anos que desexen pasar a formar parte do Mar Alto, a elite da sociedade que, a diferencia do Continente, conta cunha calidade de vida excelente, lonxe da pobreza na que se atopa o resto da poboación. A dificultade radica no feito de que só o 3% de todos os participante poderá pasar ao outro lado.

“Vostede merece estar entre o 3%”, esa é a frase coa que Ezequiel (João Miguel), o encargado de dirixir o Proceso, anima aos novos participantes a unirse a esta competición semellante a Os Xogos da Fame, pero na que contan máis a destreza personal e o inxeño que a violencia en sí para desfacerse do adversario. O que acontece é que esta violencia termina por aparecer cando os participantes se ven empuxados a utilizala para seguir adiante no Proceso. 3% aproveita o feito de ser unha distopía imaxinaria para poñer de manifesto dos problemas que o capitalismo extremo trae consigo. Ezequiel fala de teren superado unha sociedade na que os ricos estaban por riba dos pobres; pola contra, a división agora faise por meritocracia: tes as mesmas posibilidades que o teu compañeiro para superar as probas e se de verdade mereces pasar ao Mar Alto, fromarás parte do 3% gañador.

A trama adquire complexidade cando descubrimos que existe un grupo denominado a “Causa” que busca desfacer esta sociedade desigualitaria infiltrando a un dos seus compoñentes entre os candidatos do novo Proces, entre eles os que serán os protagonistas da serie, Michele (Bianca Comparato), Joana (Vaneza Oliveira), Rafael (Rodolfo Valente), Fernando (Michel Gomes) e Marco (Rafael Lozano).  A medida que avanzan os capítulos imos coñecendo o pasado destes personaxes e cales son os obxectivos e aspiracións de cada un deles no Proceso e a súa vinculación (ou non) coa Causa.

A segunda tempada de 3% lánzase con forza propondo un conflito directo entre o Mar Alto e a Causa, con xiros na trama que fan dudar ao espectador sobre o posicionamento dos propios personaxes dentro da historia. Vemos que hai unha evolución dos mesmos unha vez pasada a experiencia do Proceso, ao tempo que se afonda no pasado da creación do Continente e o Mar Alto, facendo reflexionar tamén sobre a dificultade de darlle solución a un problema social cuxa base e estrutura se asentan na disparidade económica e de clase.

Se ben parte do atrativo da tempada anterior era a sucesión de probas que os rapaces tiñan que pasar, desta vez a serie mantense no mesmo nivel de interese cunha conta atrás para o Proceso do novo ano mentres a Causa prepara un plan para inhabilitalo e acabar coa superioridade da sociedad do Mar Alto. Apréciase tamén nestes novos capítulos unha mellora nos efectos CGI á altura doutras producións de máis presuposto das que podemos disfrutar en Netflix, así como a introducción de elementos da cultura popular brasileira que fan que a serie adquira unha seña personal moi marcada. A pesares de cair nalgúns clichés do xénero de ficción, 3% mantén o ritmo a medida que pasan os capítulos sen facer que decaia o interese na historia, cunha suxerente proposta que non teme criticar de maneira directa o trasfondo que ataca.

3%


Creador
: Pedro Aguilera
Directores: César Charlone, Dani Libardi, Daiana Giannecchini, Jotagá Crema
Produtora: Boutique Filmes
Distribuidora: Netflix
Ano: 2016-Actualidade
País: Brasil