Non quero quedar na casa: Malandrómeda, Canine, Angel Olsen…

Unha semana máis, traémosvos os mellores concertos que veremos esta semana no país. Nunha semana na que se temos grupos como Cowtown, Nostromo, Soziedad Alkoholika ou Vetusta Morla, chegar a tres destacados foi unha tarefa case imposible, mais decidimos quedarnos cos seguintes:

  • Malandrómeda: Non fai falla presentacións a un das xa máis emblemáticas agrupacións do noso país. Un directo como nunca imaxinástedes o hip hop, sumado a unha experimentación case inalcanzable e que sentou moita escola, os Malandrómeda volverán a dar o seu espectáculo este vindeiro día 12, en Ourense, no Torgal.
  • Canine + Rótula: Falamos xa do EP de Canine, o cal tivemos a oportunidade de estrear dende Balea Cultural. Agora veremos como todo o que había alí contido se traduce no seu directo, pois estarán o día 9 tocando en Santiago de Compostela, no Corzo. Con eles estarán Rótula, grupo formado por membros de agrupacións tan queridas e destacadas no país como Puma Pumku, Bulto ou Vozzyow, e que están a preparar o seu primeiro disco.
  • Angel Olsen: A estadounidense Angel Olsen é unha das imaxes máis destacadas do panorama cantautor estadounidense. O seu último álbum, My Woman (2016), foi unha auténtica proba de que a misuriana tiña moito que aportar á escena. Estará en Santiago, no auditorio Abanca, tamén o vindeiro día 12.
Axenda Completa

08/05/2018

Cowtown – Santiago de Compostela (A Reixa, 21:00)

 

09/05/2018

Canine + Rótula – Santiago de Compostela (Corzo, 22:00)

 

10/05/2018

Adriana Moragues – A Coruña (Le Tavernier, 19:30)

Mike Ross Band – Cangas do Morrazo (Salason Cangas, 22:00)

Diego & Andrius Duo – Vigo (La Leyenda, 20:30)

 

11/05/2018

Mojo Experience – Lugo (Clavicémbalo, 23:30)

Bill Evans – Ourense (Praza de Santa Eufemia, 23:00)

Bloodhunter – Vigo (Sala Masterclub, 21:00)

Nostromo – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 22:30)

The Blues Freaks – Vigo (La Pecera, 23:00)

The Soul Jacket + The Milkyway Express + Red Beard – Vigo (La Iguana Club, 23:30)

 

12/05/2018

María do Ceo – A Coruña (Teatro Colón, 21:00)

Vetusta Morla – A Coruña (Coliseum, 21:00)

Man de Santo – Lugo (Ho! Gruf, 13:30)

Malandrómeda – Ourense (Café Pop Torgal, 20:30)

The Trunks – Cangas do Morrazo (Salason Cangas, 22:30)

Pacheco Bros – Vigo (Cervexería Nós, 20:30)

Terbutalina – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 22:00)

Cró – Vigo (Radar Estudios, 21:30)

Angel Olsen – Santiago de Compostela (Auditorio A Banca, 21:00)

 

13/05/2018

Soziedad Alkoholika – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 21:00)

Black Stereo – Vigo (La Leyenda, 12:30)