Select Page

Dead Sea – Colorate

04/05/2018 • Autoeditado

por | Mai 7, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Descubrimos a Dead Sea no concerto de Slowdive en Vigo o pasado mes de marzo. A banda francesa foi a encargada de telonear á mítica banda de shoegaze na súa xira europea de 2018 sen ter todavía máis material publicado que un par de singles. Seu concerto sen embargo amosou que Dead Sea contaban xa con un bo puñado de cancións solventes e interesantes. As primeiras catro delas xa as podemos escoitar no seu primeiro EP de título Colorate.

Dead Sea definen seu estilo como turbo chillwave. Non cabe dúbida de que nas súas cancións hai moita influencia do dream pop dos anos 80 de bandas como Cocteau Twins e de propostas máis actuais e electrónicas como poderían ser Beach House e Grimes, así mesmo a base rítmica das cancións bebe directamente do post-punk. Sen embargo a produción destas cancións logra que estas influencias de décadas pasadas soen actualizadas en todo momento, sen caer no esceso de nostalxia.

O EP arranca coa canción que lle da título, Colorate é a pista máis longa das catro e tamén aquela na que as guitarras teñen unha presenza moito maior, con tonos agudos e brillantes próximos ao shoegaze que dotan de moita cor a unha canción etérea na que tamén destacan as voces manipuladas. Lotion é unha pista algo máis pausada, con uns sintetizadores que recordan un pouco a Tame Impala, que atopa unha contraposición moi interesante no ritmo veloz de Tych, onde a voz desaparece para deixar todo o protagonismo as guitarras cargadas de delay e reverb e a percusión electrónica. Por último Know Where pecha o EP coa batería máis post-punk e unha das melodías máis atractivas entre as contidas neste traballo.

Colorate é un lanzamento breve pero que permite á banda parisina posicionarse no mapa co seu estilo capaz de mirar cara atrás a algúns dos subxéneros máis interesantes da música alternativa dos 80 e os 90 así como cara adiante, mantendo un son fresco e innovador. Non se trata dun estilo rupturista pero si dunha combinación atractiva e disfrutable a medio camiño entre o alternativo e o pop que nos da ganas saber como funcionaría a proposta estilística dos franceses nun traballo de longa duración.

Dead Sea