Todo o que sabemos do novo dos Arctic Monkeys

O sexto álbum da banda británica estréase o próximo venres 11

Cando o 5 de abril os Arctic Monkeys anunciaron que seu novo disco, do que circulaban xa moreas de rumores, sería lanzado soamente un mes despois e que levaría por nome Tranquility Base Hotel & Casino, dabamos por sentado que sería máis pronto que tarde cando por fin poderiamos escoitar o primeiro adianto deste traballo. Sen embargo a día de hoxe estamos xa a menos dunha semana da data de estrea do disco e seguimos sen poder escoitar mais que uns segundos incluídos nun breve teaser subido a YouTube pola banda, e segundo a súa discográfica Domino Records, esto será todo o que escoitaremos antes do día 11, máis alá de algúns vídeos de interpretacións en directo que están comezando a aparecer por internet a medida que a banda vai retomando a súa actividade nos escenarios.

Pero a falta de adiantos deste álbum non significou que non fósemos coñecendo pouco a pouco cousas relacionadas con este novo disco.  Tranquility Base Hotel & Casino estará co-producido de novo por James Ford, encargado da produción de todos os longos anteriores dos Arctic Monkeys salvo o debut, e suporá a primeira aparición de Alex Turner como produtor do seu grupo. Tamén coñecemos que este será o primeiro disco da banda no que o instrumento a partir do que se compuxeron as cancións non foi a guitarra senón que o piano, interpretado principalmente por Alex Turner, mais tamén coa aparición de Matt Helders tras os sintetizadores en varios cortes do álbum. Así mesmo tamén se anunciou que Cam Avery, membro da banda de psicodelia Tame Impala colaborou no proceso de grabación dun disco que nos primeiros momentos da súa composición considerouse que podería rematar sendo lanzado como un álbum de Alex Turner en solitario.

Tamén sabemos que Tranquility Base Hotel & Casino comezará con unha referencia a outra grande banda do indie rock dos 2000, The Strokes. A letra de Star Treatment comeza cos versos “I just wanted to be one of the Strokes, now look at the mess you made me make / Hitchhiking with a monogrammed suitcase, miles away from any half-useful imaginary highway” (Eu soamente quería ser un dos Strokes, agora mira o desastre que me obligaches a facer / Montado nunha maleta cun monograma, a kilómetros de distancia de calquera autoestrada imaxinaria non de todo útil).

A implicación de Alex Turner neste disco semella total, xa que ademáis de compoñer e producir as cancións, tamén deseñou a portada do disco, o cal estará conformado por un total de 11 cancións:

  • Star Treatment
  • One Point Perspective
  • American Sports
  • Tranquility Base Hotel & Casino
  • Golden Trunks
  • Four Out of Five
  • The World’s First Ever Monster Truck Front Flip
  • Science Fiction
  • She Looks Like Fun
  • Batphone
  • The Ultracheese

Arctic Monkeys