Select Page

Volve o Touliña Pop este sábado a Sada

Segunda edición do Touliña Pop esta fin de semana. Rock and roll en todas as súas versións dende a hora do vermú ata o mencer.

Grazas á colaboración entre os integrantes da Asociación Cultural Touliña Pop e o Concello de Sada volvemos contar cunha nova edición deste festival dedicado á cultura Rock & Roll e estilos musicais contiguos como son o Soul, Garage, Punk e Power Pop.

O sábado 5 de maio a partir das doce da mañá darán comezo as primeiras actividades programadas (Sesión Vermú, Scooter & Seat 600 Run) e ás nove da noite terán lugar os concertos programados na carpa situada na Praza Irmáns Picallo.

Por ela pasarán The Flaming Sideburns, Los Pepes, The Imperial Surfers, Hollywood Sinners e The Canallas. Ao finalizar, a festa continuará na Discoteca Greco´s con DJ´s convidados.

A entrada custa entre 5 e 8 euros e o aforo é limitado.