Iván Ferreiro, Rodrigo Amarante, María Arnal i Marcel Bagés e máis, novas incorporacións ao Atlantic Fest

O Atlantic Fest 2018, que se celebra os días 20, 21 e 22 de xullo na Illa de Arousa continúa a sumar nomes ao seu cartaz

Despois de moita xente pedindo a presencia do músico galego no festival, tras quedarense sen poder asistir ao Atlantic Days no que participou, ao esgotarse as entradas en tan só dous días. Por fin, Iván Ferreiro, subirase ao escenario Son Estrella Galicia, o sábado 21 de xullo.

Outro que subirá ao mesmo palco, e que actuará tamén ese día, é Rodrigo Amarante. A prestixiosa revista Rolling Stone nomeábao entre os cen músicos máis importantes na historia da música brasileira.

Pola contra, os protagonistas das sesións do escenario Turismo Rías Baixas (Auditorio), o 20 de xullo, son María Arnal i Marcel Bagés. O dúo deixou de ser unha promesa para convertirse nunha das máis solidas realidades da música estatal.

Este ano engádese un novo escenario, Martini, que contará con dúas sesións musicais amenizadas por Los Nastys, presentando o seu novo álbum Música para el Amor y La Guerra. Tamén actuarán aquí os galegos Caxade.

D’Plazas Jägermusic contará coa actuación do grupo do momento, La Plata. Cuxo último traballo recomendamos ferventemente. Ademais, a novísima D’Valentina, de apenas 18 anos, achegaranos uns sons que van do soul ao dancehall ou o trap, pero tamén un r’n’b electrónico con elementos pop. Os galegos Jay completan a programación de dito escenario.

D’Plazas Estudios Mans formará parte da banda sonora do venres co directo de Soledad Vélez. A chilena, presentará o seu recén estreado disco Nuevas Épocas, o primeiro en castelán e tocado íntegramente con sintetizadores e teclados de distintas épocas. A este escenario sumaranse dúas bandas ainda por confirmar.

Esteban & Manuel serán os encargados de clausurar o Atlantic Fest o día 22 de xullo, coa xa tradicional sesión vermú, na Praza de Abastos.

Con esta nova tanda de confirmacións o festival segue configurando o line-up da que será a súa terceira entrega, para a que xa tiña anunciado previamente a artistas como The Vaccines, Kaiser Chiefs e La Casa Azul.