por | Abr 27, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Toundra, Javiera Mena, Janelle Monáe… Estas son as nosas seleccións desta semana.

Como cada venres, a industria musical actívase como nunca e lánzanse fora moitas das obras que desfrutamos a diario. Dende sinxelos, coma os que esta semana lanzan Nacho Vegas; pasando por EPs coma os que hoxe lanzan grupos e artistas como Anemone, Steven Julien ou Buzzy Lee; ata chegar aos longos, coma os que este 27 de maio lanzan artistas como Dylan Carlson, Clint, Post Malone ou Twin Shadow. Todo ten cabida hoxe. As nosas artistas destacadas desta semana son:

  1. Toundra. Dende Madrid, e combinando a tarefa deste grupo coa de Exquirla, trátase dun dos maiores expoñentes do post-rock no Estado Español. A súa obra é exquisita, e contamos con que neste novo traballo, Vortex, a tendencia se manteña.
  2. Javiera Mena. Hai xa anos que deixamos de poder falar de Javiera Mena como dunha revelación. Con 35 anos, estamos ante o seu quinto disco, que recibe o nome de Espejo. Con todo, trátase dunha das artistas máis destacables do synthpop a nivel mundial, e un novo traballo da chilena merece estar neste xa habitual improvisado top 3 da semana.
  3. Janelle Monàe: Se ben os seus destaques non chegaron a emocionar, as capacidades da estadounidense para levar máis alá o seu estilo sempre foron reseñables. Dirty Computer é o primeiro traballo da artista de Wondaland que non trae consigo a temática futurística e conceptual da artista, Metropolis. Estamos ante unha apertura, pois, de todo un arco argumental para Janelle e as súas historias, que seguramente estean moi marcadas polo activismo político que a artista agora reconvertida a actriz leva sinalando no seu discurso moito tempo xa.