Select Page

Circuit Des Yeux ofrecerá hoxe un concerto no Museo de Arte Contemporáneo da Coruña

Circuit Des Yeux ofrecerá hoxe un concerto no Museo de Arte Contemporáneo da Coruña

Será a primeira vez que soe a súa voz en Galicia e nun museo, o MAC, onde as emocións bailarán entre cancións únicas e cadros, os de Muntean e Rosenblum.

Circuit Des Yeux, nome artístico da compositora e cantante afincada en Chicago Haley Fohr, ofrecerá este 27 de abril no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MAC) un concerto dentro da súa xira polo estado español. Do seu estilo, descrito como folk experimental, o MAC destaca que “trascende ampliamente esta etiqueta para situarse nun universo aparte”. Comisariado por Sinsal, o concerto de hoxe ás 21.00 promete.