Novidades en Portamérica, Son Rías Baixas, Ribeiro Son do Viño e FaCeLa fest

Os carteis dos festivais musicais seguen presentando novidades estes días para estimular as ganas do público e animar á compra de entradas anticipadas.

Desde os festivais das Rías Baixas veñen de confirmar incorporacións artísticas dous deles: Son Rías Baixas de Bueu e Portamérica de Caldas de ReisO evento de Bueu engadiu no seu programa a Berri Txarrak, Gatillazo e Muchachito Bombo Infierno na parte alta do cartel ademais de Che Sudaka, Revolta Permanent, Muerdo e Assekes xunto aos cinco grupos que confirmara en marzo. O Portamérica, que celebra entre o 5 e o 7 de xullo a súa segunda edición en Caldas pero a sétima do proxecto iniciado en Nigrán, ven de ofrecer dunha soa tacada quince novos nomes a engadir na súa oferta musical. Vetusta Morla e Imelda May son bandas destacadas desta tanda ademais de Los Coronas, Miranda, Los Caligaris, PussyRiot, Iseo & Dodosound, MITÚ, os dj Elyella, Azul Violeta, Arturo J. Paniagua, Carlos Mendez, Luis Brea y el Miedo, Pardo e Habitación Vudú.

Outros festivais pecharon as súas xugosas programacións. Nun só acto o Ribeiro Son do Viño desvelou a súa quinta edición e o contido do seu cartel para este ano. O 14 de xullo reunirá no entorno da praia da Barrosa, en San Vicente do Mar, as actuacións de O Sonoro Maxín, Esteban y Manuel, Bifannah, Marem Ladson, Pardo e Baiuca. Outro cartel pechado o ven de anunciar nun acto multitudinario o Fa Ce La fest de Lugo. O evento que se celebrará na cidade amurallada os días 25 e 26 do mes que vén presenta un total de 19 propostas musicais. Ás seis que xa coñecimos en febreiro (Las Ruínas, Joana Serrat, Carolina Duarte, Abuela Te quiero, Sigilu e Papaya) súmanse agora nomes importantes como Sr. Chinarro, Apartamentos Acapulco, Músculo!, Fogbound, Rufus T. Firefly, Esteban & Manuel, Atrás tigre, Doctor Explosión, Ramirez Exposure, KadettGSI, Berta Franklin, Indomable e Calcutá.

Noutra orde de novas a semana pasada puidemos saber tamén que o FIV de Vilalba, que terá lugar a vindeira fin de semana do 27 e 28 de abril, lucirá un cheo absoluto ao comunicarse o seu sold ut para esta edición. Esgotadas están tamén as entradas para a terceira xornada d’O Son do Camiño de Santiago, que se puxeron á venda nos formatos de entrada diaria para cada unha das xornadas tras esgotar os abonos nun só día o pasado marzo. Segundo a última comunicación da organización as entradas para o 30 de xuño, xornada encabezada por Lenny Kravitz, xa non se poden conseguir pero aínda quedan algunhas, 200 e 1000 respectivamente, para o xoves e venres do festival.