por | Abr 25, 2018 | Cinema & TV, Novas | 0 comments

Nobuhiro Suwa presentará ‘O león dorme esta noite’ no Cinema Numax

O cineasta xaponés Nobuhiro Suwa visitará o Cinema Numax de Santiago de Compostela esta semana para estrear seu novo filme O león dorme esta noite. Nobuhiro Suwa é considerado pola prensa especializada como «o máis importante cineasta xaponés do século XXI» (Otros Cines) e conta con numerosos premios en festivais de cinema internacionais tan destacados como o de Cannes, Locarno ou Rotterdam. Protagonizada por Jean-Pierre Léaud, o rapaz protagonista de Os 400 golpes de Truffaut, O león dorme esta noite é o primeiro filme de Suwa en case unha década, tras o estreo de Yuki & Nina en 2009.

Presentacións de Nobuhiro Suwa en NUMAX

Sábado 28 de abril
19:25
– Presentación e coloquio d’O león dorme esta noite.
22:00 – Presentación d’O león dorme esta noite.
*Entradas para ambas sesións e para as do venres 27 xa á venda en billeteira e web: https://numax.org/cinema/ficha/o-leon-dorme-esta-noite

Domingo 29 de abril
11:30 A cor das palabras. Encontros con cineastas: «O león dorme esta noite: un filme como un entroido». Entrada libre até completar aforo. Reservas en acordaspalabras@santiagodecompostela.gal