por | Abr 24, 2018 | Música, Novas | 0 comments

Os V Premios Martín Códax xa teñen finalistas

Na sede das adegas Martín Códax en Cambados déronse a coñecer os 54 nomeados aos V Premios Martín Códax da música galegaThe Lákazans, Músculo!, DeVacas ou Nastasia Zürcher son algúns dos finalistas escollidos polas socias e socios da Asociación Músicos ao Vivo e entre os que un xurado profesional seleccionará agora os gañadores.

Así, na categoría de pop e indie, unha das que conta con máis inscritos, competirán Eladio y los seres queridos, Espiño e Novidades Carminha. No rock pola súa parte atópanse Igmig, Mad Martín Trío e Moon Cresta. No campo do folk están presentes Tanxugueiras, Xosé Lois Romero, Aliboria e máis Os D´Abaixo, mentres en canción de autor intégranse nomes dispares como Caxade, A banda da loba e Uxía.

No campo dos festivais, chegan á final dos galardóns Nigranjazz, o Resurrection Fest e mailo Festival de Pardiñas, mentres a mellor sala escollerase entre a Sala Garufa, A Arca da Noe ou El Contrabajo Club. Músicas galegas ilustradas, Ábrete de Orellas e Tolemias.tv, pola súa banda, son os proxectos que optan ao premio ao mellor espazo de comunicación musical.

Saberemos quen se leva o premio Melómanos o 9 de maio no transcurso da Gala de Entrega de Premios que terá lugar un ano máis no Pazo da Cultura de Pontevedra. Vai adxunto o listado completo dos proxectos nomeados.