Disco Las Palmeras! – Cálida

06/04/2018 • Sonido Muchacho

por | Abr 23, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Disco Las Palmeras! xa non son uns descoñecidos nin no panorama nacional nin no estatal. Os galegos foron gañándose un nome propio ao longo dos últimos anos gracias a seu son tan característico, marcado polas guitarras distorsionadas sempre a medio camiño entre o noise rock e o shoegaze. Cálida é xa seu cuarto disco, e nel pódense observar certas mudanzas no estilo da banda.

Dende os primeiros momentos de Hoy xa se pode percibir que este novo traballo será o máis accesible lanzado por Disco Las Palmeras! O ruído e a distorsión abandoan o lugar protagonista para deixar máis espazo as melodías. Non cabe dúbida de que algunhas delas resultan memorables, como poden ser as de Bestia, quizais unha das mellores cancións do disco, que conta con estrofas rápidas e un estribillo no que as guitarras xogan rítmicamente.

Sen embargo, ao mesmo tempo en que Disco Las Palmeras! gañan en accesibilidade semellan estar a renunciar en algúns dos elementos que facían a súa música especialmente interesante e chamativa nos seus anteriores álbumes. As guitarras continúan a ter un grande peso nesta nova colección de cancións mais os tonos e as maneiras nas que son empregadas resultan moito menos sorprendentes do que eran en cancións como El Final del Círculo, do disco Asfixia de 2015.

Hai momentos nos que a instrumentación das cancións de Cálidalogra chamar a atención, sobre todo na segunda metade do disco, en cancións como La Última Gran Bronca e seu constante crescendo. Así mesmo en Nana de Sangre Disco Las Palmeras! alónxase todavía máis dos ritmos veloces e das interpretacións enérxicas nunha canción na que os ambientes resultan especialmente intrigantes.

O novo de Disco Las Palmeras! é sen dúbida un bo álbum, quizáis o traballo máis disfrutable da banda ante unha primeira escoita. As novas direccións musicais que se toman en Cálida funcionan, mais tamén semellan traer como consecuencia que a banda se atope menos solta nas súas interpretacións. Pode que o maior problema deste traballo é que non soubo comprender que buscar unha maior accesibilidade non ten por que ir da man con renunciar a unha instrumentación máis atrevida. Sen embargo, máis alá disto, non se lle poden poñer moitas máis pegas a este disco.

Disco Las Palmeras!