por | Abr 20, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Este sábado celébrase o Record Store Day

Este día 21 é o terceiro sábado de abril, o que significa que é o Record Store Day, a xornada que busca celebrar a cultura das tendas de música independentes así como fomentar a visita a estas tendas nas que durante esta xornada haberá concertos, DJs e lanzamentos de discos exclusivos de bandas como Arcade Fire, The National ou Car Seat Headrest.

As tendas de discos que celebrarán o Record Store Day en Galicia este sábado serán Discos Fans e Discoprecio en Santiago de Compostela, Discos Elepé e Honky Tonk Discos en Vigo, Peggy Records en Ourense e Don Disco en Lugo.

Podes consultar a listaxe completa de lanzamentos e de tendas participantes no estado español neste enlace.