Select Page

F.J. Ossang presenta en NUMAX ‘9 dedos’

O cineasta francés F. J. Ossang virá a presentar esta tarde na sala compostelá NUMAX o seu novo filme, 9 dedos (Capricci Cine), que chegará mañá a cines de todo o Estado. Será presentado por Pela del Álamo, coordinador do festival Curtocircuíto, cuxa pasada edición dedicou unha retrospectiva a Ossang. Trala proxección haberá un coloquio co director galo.

SINOPSE
Noite pecha nunha estación de tren. A sorte de Magloire está botada cando, fuxindo dunha redada, termina co feixe de billetes dun home moribundo na man. A excéntrica banda de criminais de Kurtz captúrao e convérteo no seu cómplice. Logo dun roubo desastroso, a banda embarca nun buque de carga cunha atmosfera cada vez máis abafante. Os homes de Kurtz parecen ser os monicreques dunha conspiración tramada polo misterioso 9 Dedos