por | Abr 18, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

O Son do Camiño lanza á venda as súas entradas de día

As entradas xa están disponibles a través de Ticketea e a web de do Son do Camiño.

As entradas do festival O Son do Camiño esgotábanse en apenas unhas horas tras numerosas queixas polas colas virtuais nas que aquelas interesadas viron como non podían conseguir entradas de prezo reducido (39 €) aínda que fosen dos primeiros da cola, atopando as súas entradas a 80€, de atopar entradas aínda.

Dende hoxe, as entradas diarias do Son do Camiño están xa á venda. Trátase de 5.000 entradas para cada un dos tres días do festival, que se realizará no Monte do Gozo os días 28, 29 e 30 de xuño, e terán para cada día un prezo de 39 € sumando despois os gastos de distribución. A compra de entradas está limitada a un máximo de dúas por día para cada comprador, permitindo a cada individuo comprar como máximo seis entradas.

As entradas están xa á venda a través de Ticketea e da propia web do Son do Camiño. No prezo non está incluído o acceso á acampada do festival, para o cal o festival enuncia que informará cedo ao respecto.

Actualización (12:52pm)

As entradas do festival seguen a voar. Se o día do lanzamento dos bonos estes esgotáronse moito antes de que moita xente puidese adquirir o seu, hoxe semella estar a pasar algo non moi diferente, xa que O Son do Camiño acaba de publicar unha nota de prensa informando de que as entradas de dia para o sábado xa están esgotadas, e que das 5000 iniciais para cada xornada, soamente quedan 1000 entradas dispoñibles para o xoves e 1500 para o venres.