por | Abr 16, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Non quero quedar na casa: Ataque Escampe + Oh! Ayatollah, Aniversario BuenaCalle, Puma Pumku…

Como cada luns, facemos un repaso aos eventos musicais máis interesantes da semana. Nesta ocasión, decidimos destacar os seguintes:

  • Ataque Escampe + Oh Ayatollah: Ataque Escampe son, sen lugar a dúbidas, un dos mellores grupos de pop do noso país. No camiño que eles seguiron, adoptaron fai non moito aos Oh! Ayatollah, que debutaron cun máis que destacable Volve a canción protesta. Esta semana teremos a oportunidade de velos xuntos na Sala Mardi Gras de A Coruña. Non volo perdades!
  • Puma Pumku: Os Puma Pumku foron, no seu día, unha sorpresa. Co seu Is It in You? (2014) introduciron moitos elementos da música neo-psicodélica de grupos como Tame Impala, Pond ou Deerhunter a niveis antes non coñecidos no noso país. Dende aquelas, non soubemos máis deles en canto a material de estudo, co que esperamos que este ano, por fin, iso cambie. Polo de agora, Vigo danos a oportunidade de volver a escoitalos en directo.
  • Screams on Sunday + El Hombre Flipante (Aniversario solidario BuenaCalle): Co motivo do seu terceiro aniversario, os compañeiros de BuenaCalle preparan en Vigo unha auténtica festa. Para iso decidiron contar cos madrileños Scream on Sunday e os punk-rockeiros galegos El Hombre Flipante. Todas as ganancias do evento irán para axudar economicamente á Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo.
Axenda completa

17/04/2018
Trío Arbós – A Coruña (Teatro Rosalía de Castro, 20:00)
Mateo Mena + Genzo P. – Pontevedra (Liceo Mutante, 20:30)

18/04/2018
Martí Guillem e Mateo Mena – Bueu (Café Aturuxo, 21:00)
Pristine – Cangas do Morrazo (Salason Cangas, 22:00)

19/04/2018
Rayden – A Coruña (Sala Pelícano, 20:30)
Mi Capitán – A Coruña (Garufa Club, 22:00)
Xoel López – Pontevedra (Sala Karma, 21:30)
Asaf Avidan – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 22:00)
Puma Pumku – Vigo (Fábrica de Chocolate, 22:00)
SHO-HAI – Vigo (Sala Masterclub, 21:00)

20/04/2018
Festival 981 United – A Coruña (Sala O Túnel, 20:45)
Ataque Escampe + Oh Ayatollah – A Coruña (Sala Mardi Gras, 22:00)
TALCO + Ebri Knight – A Coruña (Playa Club, 22:00)
Agoraphobia – Ferrol (SUPER 8, 22:30)
The Smoggers – Ourense (C.C. Auriense, 21:30)
SHO-HAI – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 22:00)
Mi Capitán – Vigo (El Ensanche, 23:00)
Screams on Sunday + El Hombre Flipante (Aniversario solidario BuenaCalle) – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 22:00)
Minnemann Blues Band – Vigo (El Contrabajo, 23:00)
Delafuente – Vigo (Palacio de Congresos Mar de Vigo, 21:30)

21/04/2018
Dakidarría – Cangas do Morrazo (Salason Cangas, 22:00)
Gwyn Ashton & Born – A Coruña (Forum Celticum, 22:30)
Joaquín Sabina – A Coruña (Coliseum, 22:00)
The Smoggers – A Coruña (Sala Mardi Gras, 22:30)
SHO-HAI – A Coruña (Playa Club, 23:30)
Melange – Lugo (Vello Cárcere, 20:30)
Terbutalina – Pontevedra (Sala Karma, 22:00)
Snakeyes + Cherokee – Vigo (Transylvania Pub, 21:00)
Velma Powell & Bluedays – Vigo (Sala Rouge, 22:00)
The Lakazans – Vigo (La Pecera, 22:30)

22/04/2018
Sven Hammond – Cangas do Morrazo (Salason Cangas, 21:30)
Stefano Ronchi & Marcos Coll – Vigo (La Pecera, 20:00)