David Casal e Irea Vecino presentan os seus poemarios hoxe en Santiago de Compostela

Tras unha primeira presentación en Vigo, David Casal e Irea Vecino presentan os seus poemarios hoxe en Santiago de Compostela. Será no Airas Nunes ás 20:30. Casal publica De pé no Océano e Vecino Pastillas Rosas. Ambos artistas pertencen ao colectivo poético Alter Ego e son publicados pola editorial Círculo Rojo.

Pero non estarán sós. No evento contarán coa compañía de Brais Nogueira, autor do poemario Agridulce —e tamén pertencente ao colectivo Alter Ego—, Diego Horchovski, responsable de Poesía e Microrrelato Compostela, e outros artistas que farán da xornada un tempo dinámico e ameno.