por | Abr 13, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Manic Street Preachers, Princess Nokia, Betacam… Estas son as nosas seleccións desta semana

A industria musical móvese cada venres. Como cada semana, toca destacar tres dos traballos que hoxe ven a luz ao redor do globo. A nivel internacional, hoxe sacan novos discos artistas como A Place to Bury Strangers, Mouse on Mars, Breaking Benjamin, Tinashe ou Wiley. No Estado Español, as que decidiron que os seus novos discos verían hoxe a luz son, entre outras, Vega ou Fino Oyonarte. Con todo, as nosas tres artistas destacadas da semana son as seguintes:

  • Manic Street Preachers: Dentro do movemento britpop dos noventa, poucos grupos se gañaron unha lenda tan escura coma o caso dos Manics. Xa dende as súas creacións, de ton máis escuro que o do resto dos seus compañeiros de momento, o que fixo que moitos non os incluíran sequera incluso dentro deste, o seu maior éxito chegou coa saída de The Holy Bible (1994), que tamén sería a última aparición como letrista do grupo de Richey Edwards —desaparecido ao ano seguinte da súa saída— ata Journal for Plague Lovers (2009), con letras xa póstumas e disco no que os de Blackwood recuperaron momentaneamente o cariño da crítica. Resistance Is Futile, o disco que sae hoxe, trátase do décimo terceiro disco da banda.
  • Princess Nokia: Aparecendo dende a nada, o seu EP debut, 1992 (2016), así como a edición deluxe deste do ano seguinte, xa convertendo o álbum en longo, mostraron unha nova artista do trap capaz de levar adiante un comprometido mensaxe feminista. Hoxe, e tentando deixar ao lado os seus límites, a artista estadounidense e portoriqueña lanzou unha sorpresiva mixtape na que se alonxa do trap rap e xoguetea co emo trap.
  • Betacam: Adiantando anteriormente os sinxelos Otras Chavalas e Chacal, Betacam é o proxecto pop, cantaautor e synthpop de Javier Carrasco, membro de Rusos Blancos e Templeton. Mítico trátase do seu primeiro longo baixo este pseudónimo, tras a saída do seu recopilatorio Saca Pecho (2007-2015) (2015). Promete, sen dúbida, ser un dos albumes máis bailables do ano.