por | Abr 13, 2018 | Música, Novas | 0 comments

Escoita xa o remix de GLITCHGIRL a ‘Herdanza do Vento’, de Ezetaerre

GLITCHGIRL acaba de compartir nas súas redes un novo tema. Trátase dun remix do tema de Ezetaerre, A Herdanza do Vento, deixándoo case irrecoñecible e ao que ela decidiu chamar A Herdanza do Kiarton. Os créditos da produción orixinal van para Petrowski, membro do grupo coruñés.

Alicia Muñiz, mellor coñecida como GLITCHGIRL, é unha artista e produtora residente en Galicia, coñecida polo seu tino á hora da produción de glitch, trap, breakcore e noise. En 2016, abríase as portas de Youtube co seu sinxelo Que me des diez euros. Posteriormente, en 2017, lanzaba o que sería o seu primeiro traballo longo, GRANDES ÉXITOS, reunindo bases onde os estilos anteriormente citados se pegan. Ademais do seu traballo en solitario, lanzou varias cancións con Menina Arroutada. É a DJ en directo de Ezetaerre, grupo de rap consciente cuxo último traballo, 100, foi lanzado en 2017 baixo o selo Santa Guerrilla.

GLITCHGIRL