por | Abr 12, 2018 | Cinema & TV, Series | 0 Comentarios

Westworld, un repaso a agria primeira tempada

É un tópico moi dito, pero vivimos na era das series. As causas son moi diversas e da para moitos artigos interantísimos, pero non creo que isto sexa o importante agora. O importante é que isto faise notar no momento que as produtoras inverten presupostos desorbitadísimos en series. Guionistas de primeiro nivel, reparto de actores formado polas caras máis coñecidas de Hollywood e efectos especiais punteiros para series que o mellor só se estrean en plataformas dixitais. Cousas que hai 15 anos nin se me imaxinaría o máis optimista. E que un dos canais máis populares de EEUU como é HBO recurra a estas plataformas dixitais para chegar a Europa, menos. Pero coma sempre, ten que asegurarse o seu posto con algún que outro buque insignia, unha franquicia que lle asegure beneficios desde o día de saída. E aquí entran Jonathan Nolan e Lisa Joy, dous guionistas veteranos de superproduccións encargados de facer un remake en forma de serie dunha película dos 70: Westworld.

HBO xa contaba cun máquina de facer cartos, un titán indiscutible: A omnipotente Xogo de tronos. Pero o ideal é contar con series de todos os xéneros. Non había (ou apenas) series de ciencia ficción. Nolan e Joy son escollidos como os guionistas para rescatar en forma de remake Westworld (Almas de metal, como chegou o Estado español), unha película de culto do 73 que chamara a atención entre outras cousas pola súa premisa. E o primeiro problema, parte disto: A serie síntese moi precociñada. Como feita por un comité de accionistas, fruto dun estudo de mercado que di que elementos a converteran nun exitazo. Pero por partes.

A serie (Como máis ou menos a película orixinal) conta a historia de varios personaxes en Westworld, un parque de atraccións no que se reproduce unha versión totalmente verosímil do Oeste americano que se viu en tantos Westerns, só que cunha particularidade: O parque está poboado de robots, intelixencias artificiais impecables, fisicamente indistinguibles dun humano, coas que o visitante pode dar renda solta os seus instintos. Unha premisa coa que se pode facer moito e por sorte o fai. A serie fala do destino, de que nos fai humanos e a mezcla de admiración e medo do home a ser superado pola máquina. Temas o mellor moi manidos na ciencia ficción que trata sobre robótica e transhumanismo, pero que sempre resultan interesantes e que a serie tampouco insiste en restregarnos pola cara. O que si insiste en restregarnos é o seu propio guión: Como se unha peli Disney se tratase, os guionistas cren na necesidade imperiosa de explicar que está acontecendo en cada segundo de historia.

Mal o mellor un pouco necesario cando se fala do segundo e principal problema da serie: Ser vítima do seu tempo. A trama parece necesitar dos xiros de guión sacadas da máis absoluta nada para sobrevivir e manter o interese do espectador para que vexa o seguinte capítulo. O primeiro plot twist pode resultar curioso e gracioso, cando nunha tempada hai máis de dous por capítulo, comezo a pensar que me están tomando por idiota. Os propios creadores da serie non confían en que o seu producto sexa o suficientemente interesante de por si como para existir só cos temas que trata, así que vense obrigados por eles mesmos a recurrir a este tipo de tácticas baratas. A que clickes no seguinte episodio só por ver como se resolve esta incógnita plantexada no último minuto do anterior máis que ver os arcos dos diferentes personaxes. E é unha pena. Unha pena por que sen ser excepcionais, son bós como para manter a serie por si sós. O reparto de actores está moi ben (Destacando sobre todo a Ed Harris) e os personaxes pese a ser estereotipos, funcionan.

Resultado de imagen de westworld first season

A serie onde funciona nun nivel excepcional é no técnico. Xa non é que conten con efectos especiais ao nivel de calquer superprodución, se non que fotograficamente a serie é unha delicia. Sabe como pasar dos ambientes abertos do Oeste as salas de máquinas detrás do parque de atraccións, o salvaxe mundo das máquinas fronte o ordenado mundo dos humanos contase case unicamente coa imaxe.

Poderíamos dicir que a serie funciona onde se espera que funcione. Non da grandes sorpresas nese sentido. Por que, insistindo, a serie parece feita por comité. A resposta milimétrica e calculada a un nicho de mercado moi concreto. Sen grandes aspiracións máis alá do reclamo publicitario de que a xente se suscriba a HBO Online. E hai certa traxedia poética nisto: Coma na propia Westworld, remata sendo un parque de atraccións moi colorido e chamativo na súa apariencia, pero vacío no fondo, unha forma de divertimento rápida de consumo inmediato que esquecer cando pechamos a app pola que a estamos vendo. Os propios creadores da serie excusaronse dicindo que se a serie non cheaba de todo, podíamos entendela como un prólogo, un anticipo do que ven na segunda tempada, que se estre este 23 de abril. Outro anuncio máis de que non nos esquezamos de suscribirnos o servicio online, imaxino.

 

 

Westworld


Creador
: Jonathan Nolan
Música: Ramin Djawadi
Guión: Ed Brubaker, Dan Dietz, Halley Wegryn Gross, Lisa Joy, Kath Lingenfelter, Dominic Mitchell, Jonathan Nolan, Daniel T. Thomsen, Charles Yu
Fotografía: Paul Cameron, Brendan Galvin, Robert McLachlan
Ano: 2016
País: Estados Unidos

HBO