Presumido e BFLECHA, no peche da segunda edición do Compostela Conversa

O concerto levarase a cabo o vindeiro 13 de abril, no Teatro Principal.

A piques de rematar a segunda edición do Compostela Conversa, os grupos propostos para pechar o certame son Presumido, que gravaron o ano pasado o seu Vendetta, e BFlecha, produtora e DJ que tivemos xa a oportunidade de ver en verán xirando polos diferentes festivais do país, incluíndo o WOS e que sacou tamén o ano pasado o seu segundo longo, Kwalia.

A presentación será este venres 13 de abril a partires das 20:30 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, e terá un prezo de 10 euros, sendo o prezo a metade para desempregados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentales, familias numerosas, perceptores de rendas sociais, maiores de 65 anos e xubilados. As entradas están á venda no despacho de billetes do Teatro Principal, no teléfono 981 910 522 e na páxina de entradas de Abanca.