O CGAI acollerá no seu espazo a presentación das últimas curtas dos Novísimos

No que elas consideran unha mestura de ironía e orgullo con respecto aos seus predecesores, os do Novo Cinema Galego, os Novísimos estarán presentando no Centro Galego de Artes da Imaxe, o CGAI, algunhas das súas últimas curtametraxes. Esta presentación será o vindeiro sábado día 14, das 18:00 ás 19:30.

As obras presentadas neste evento serán Area, de Anxos Fazáns; Cuna, de Lucía Estévez; Espazo, de Ángel Filgueira; e 16-11-2016 / 13-5-2017, de Marta Valverde.