Disco Las Palmeras! serán os encargados de liderar a presentación do FaCeLa Fest III

Acompañarannos Galope Mestizo, Postergel, Rayotaser e Paul Rudder.

O vindeiro 14 de abril, este sábado, presentarase en Lugo a terceira edición do FaCeLa Fest, festival lucense que este ano terá sobre os seus escenarios a Las RuinasJoana SerratCarolina Durante, Abuela Te QuieroSigilu e Papaya, e aqueles que se unan despois.

Para presentar a súa nova edición, que se celebrará no mes de maio (días 25 e 26), a organización do festival programou para o sábado concertos no Mercado Street Food (dende as 16:00) e no Club Clavicémbalo (a partir das 23:30). Nesta presentación, o grupo elixido a dar os primeiros pasos cara o festival son Disco Las Palmeras!, a quen acompañarán Galope Mestizo, Rayotaser, Postergel e Paul Rudder.

As entradas da presentación están á venda en Ticketea a un prezo de 10 euros, o cal aumentará na billeteira aos 12. Os concertos no Mercado serán todos gratuítos.