por | Abr 10, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Presentamos ao completo o novo EP de Canine, ‘[hélice]’

O proxecto gravouse entre setembro e decembro de 2017, nos Terraforma Estudios.

Tras ter o pracer de presentar o primeiro adianto do seu novo traballo, IV. Tema circular (siloxismo), hoxe os Canine volven confiar en nós para presentar ao completo o seu novo traballo. Neste segundo EP, atoparemos dous temas cun título propio, aos que acompañan, desordenados, un prólogo, un interludio e un epílogo.

Recordamos unha vez máis que, se ben [hélice] é o nome que acompaña a este novo EP, o nome deste non é tal, senón que o nome da obra é a propia portada do álbum.

[hélice] foi gravado entre setembro e decembro de 2017, nos Terraforma Estudios de O Hío, en Cangas do Morrazo.

Canine