Guillermo Rodicio e Leticia Barbadillo gañan o I Premio de Relato Curto “Agustín Fernández Paz”

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Universidade da Coruña deron a coñecer hai uns días o fallo do I Premio de Relato Curto “Agustín Fernández Paz”.

O xurado, composto por Iria Doval Porto, Iria Sobrino Freire e Mercedes Queixas Zas acordou outorgarlle o galardón ex aequo a dous autores: Guillermo Rodicio, polo traballo Gadoupa e Leticia Barbadillo, por Timbrol e a pega.

Ademais, os relatos O trato de María de los Ángeles MadriñánRezar ao dragón da autoría de Verónica Pazos, recibiron cadanseu accésit.

Os textos premiados, así como os accésits serán expostos na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. O galardón entregarase nun acto organizado na mesma facultade o 23 de abril.

O I Concurso de Relato Curto “Agustín Fernández Paz” foi unha actividade complementaria das Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura: Cando ler non serve para nada, coa finalidade de promover a literatura infantil e xuvenil en lingua galega e homenaxear, ao tempo, unha das súas figuras máis representativas.