por | Abr 7, 2018 | Música, Novas | 0 comments

Triángulo de Amor Bizarro estrean o vídeo de ‘Les Llevaré Mi Cruz’

Hai dúas semanas os galegos Triángulo de Amor Bizarro estreaban seu novo EP titulado El Gatopardo, no que durante soamente catro cancións e unha duración de quince minutos contiuaban a namorarnos con instrumentacións frenéticas e letras cargadas de reflexións críticas sobre os tempos que estamos a vivir.

O vídeo de Les Llevaré Mi Cruz, dirixido por Luis Cerveró foi definido pola banda como “o vídeo que sempre soñaron ter“. As imaxes reforzan a mensaxe política da letra da canción así como as constantes metáforas de carácter feudal.

Triángulo de Amor Bizarro