Select Page

Arctic Monkeys volven con novo álbum: Tranquility Base Hotel & Casino

O novo álbum supón o regreso da banda tras cinco anos de silencio.

Os Arctic Monkeys son, innegablemente, unha das bandas máis importantes da historia do Reino Unido. Formados en Sheffield no ano 2002, lanzaron o seu primeiro longo, Whatever People Say I Am, That’s What I’m Not en 2006, uníndose en cheo aos revivals do rock garaxe e o post-punk que estaban a transcorrer no seu país naquel momento. Pronto se converteron en líderes e caras máis coñecidas de ditos movementos, o que anos despois lles levou a participar na cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Londres de 2012, onde tocaron o seu sinxelo I Bet You Look Good On The Dancefloor e Come Together dos Beatles, sendo un dos principais atractivos de dita cerimonia.

Tras dous albumes dun son similar, os de Sheffield lanzaron Humbug (2009), onde experimentaban ca psicodelia e o stoner da man de Josh Homme, co-produtor do álbum e guitarrista de Kyuss e fundador de Queens of the Stone Age, entre outros moitos proxectos. Tras xogos co son acústico en Suck It and See (2011), en 2013 sacaron ao mercado o seu último álbum ata a data, AM, onde se acercaban ao Blues Rock e supuñan un novo cambio no seu estilo, onde predominaban liñas de baixo marcadas i escuras, e onde as letras tiñan un carácter máis sexual e nocturno que as anteriores. Tras iso, entraron nunha pausa que o seu líder, Alex Turner, utilizou para volver a centrarse no seu proxecto paralelo con Miles Kane, The Last Shadow Puppets, lanzando ao mercado un segundo álbum, Everything You’ve Come to Expect, aburrido, baleiro de contido e pobre de intencións.

Hoxe, e tras moitos rumores e novas de que o grupo volvera ao estudo para gravar un novo álbum, anunciouse por fin a saída deste, que recibirá o nome de Tranquility Base Hotel & Casino, e sairá o vindeiro 11 de maio coa discográfica Domino. Este novo álbum estará co-producido por James Ford, encargado da produción de todos os longos anteriores salvo o debut, e suporá a primeira aparición de Alex Turner como produtor do seu grupo, sendo anteriormente acreditado como produtor no álbum debut de Alexandra Savior.

Para acompañar o anuncio, os Arctic Monkeys lanzaron un tráiler onde se pode divisar como soará este novo álbum. Alén disto, anunciaron tamén a lista de temas do álbum:

  1. Star Treatment
  2. One Point Perspective
  3. American Sports
  4. Tranquility Base Hotel & Casino
  5. Golden Trunks
  6. Four Out of Five
  7. The World’s First Ever Monster Truck Front Flip
  8. Science Fiction
  9. She Looks Like Fun
  10. Batphone
  11. The Ultracheese
Arctic Monkeys