Princess Nokia estará en A Coruña o vindeiro 27 de maio

Destiny Frasqueri, mellor coñecida como Princess Nokia, é unha das maiores promesas do hip hop e o rythm and blues estadounidense, aínda que as súas raíces están en Puerto Rico. Nas súas cancións, Princess Nokia cuestiónase os estereotipos tradicionais de xénero e raza, sendo os seus concertos unha clara mostra de activismo feminista. En 2017 publicou o seu primeiro álbum, 1992, no que se confirma como unha artista a ter en conta e capaz de saltar entre moitos estilos musicais.

Princess Nokia estará na Sala INN CLUB de A Coruña o vindeiro día 27 de maio, sendo a apertura de portas da sala ás 20:00. As primeiras entradas están á venda a un prezo de 18 euros, o cal subirá pronto aos 20 euros na venda anticipada, e pódense comprar a través da plataforma ticketea.

Princess Nokia