O Castelo Rock anuncia o cartaz da súa décimo quinta edición

O festival de Muros vén preparado para non deixar a ninguén indiferente durante os días 3 e 4 de agosto.

Muros vólvese a vestir de gala un ano máis para hospedar o Castelo Rock. Nesta décimo quinta ocasión, oito serán os grupos que farán vibrar ao público dende o seu escenario. Estes grupos serán Riot Propaganda, Lendakaris Muertos, Non Servium, El Último Ke Zierre, Terbutalina, Livao de Marrao y los Festicultores Troupe e os murandanos Almanimal.

A oferta do Castelo Rock, con todo, non se queda no escenario do festival. Durante os dous días, a vila de Muros estará ateigada de actividades para todo tipo de públicos: xogos para cativas, maxia, pasacalles e aínda máis música: as prazas muradanas serán ambientadas por bandas como Indomable, Playa Cuberris, Lisdexia e Adhara & Ritman.

O festival este ano celebrarase o 3 e 4 de agosto. Os abonos terán un prezo de 19.90 euros (sumando despois os gastos de xestión), sendo gratuítas para as menores de doce anos. As entradas poden conseguirse na web do Castelo Rock, no portal de Entradas a tu Alcance e en calquera oficina de correos. A zona de acampada será totalmente gratuíta e de aforo limitado, polo que dende a organización do festival recomendan comprar as entradas con antelación.