Hoxe comeza a terceira edición do Festival Internacional de Poesía e Performance Kerouac Nova York

Entre os días 3 de 8 de abril, celébrase en Nova York, a terceira edición do Festival Kerouac Nueva York de Poesía e Performance. Terán presencia os artistas procedentes de Galicia Fancisco Castro, Sheila Blanco, Lupita Hard e Marta López ademais dos promotores do evento Marcos de la Fuente e Vanesa Álvarez. Esta é a edición máis ambiciosa ata a data en terras estadounidenses.

O Festival Kerouac leva sete anos celebrándose na cidade de Vigo, e dende fai tres tamén se celebra en Nova York. Artistas de ambos lados do charco actúan en cada edición, o que supón un intercambio cultural de gran envergadura e un gran elemento dinamizador para a cidade olívica e para a escena poética galega.