Select Page

Non quero quedar na casa: Belako, Nathy Peluso, Christina Rosenvinge, PelucaFEST, MelonaFest…

Outra semana máis, Galicia esperta chea de concertos e cultura. Nesta ocasión, a oferta parece ata non ter límites. Quedarse con algo foi duro, mais, por fin, demos na tecla. Estes son os nosos tres concertos seleccionados, e a continuación tedes a axenda completa. Ademais de todo isto, non podiamos perder a oportunidade de destacar o PelucaFEST e o MelonaFest, que darán moitos bailes tanto en Vigo como en Compostela.

  • Belako: Fai nada, falabamos de como Belako se está a converter nun dos proxectos de indie rock máis sólidos do Estado Español co seu Render Me Numb, Trivial Violence, o seu terceiro longo. Agora, por fin, temos a oportunidade de velos en directo en Galicia en dobre ocasión: A Coruña e Santiago de Compostela. En ambos concertos os acompañará Izaro.
  • Nathy Peluso: De entre todos os proxectos de hip hop que se están a facer, un dos máis interesantes é sen dúbida o de Nathy Peluso. A espera de que o seu EP La Sandunguera vexa a luz, temos ata tres ocasións de vela esta semana en directo no noso país.
  • Christina Rosenvinge: Hai algo incrible en Christina que nos chama a atención de primeiras: Un Hombre Rubio é o seu décimo disco, e segue a manter un nivel impresionante. Os sons da catalana estarán en Ourense, Vigo e Vilgarcía de Arousa. Unha ocasión única para asistir a un dos directos máis intensos que podemos recordar.
Axenda Completa

03/04/2018
Triptides – Vigo (Radar Estudios, 21:00)

05/04/2018
Fugly + Whales – Lugo (Clavicémbalo, 22:00)
Iagona Fanlo – Ourense (Teatro Principal, 20:30)
Nathy Peluso – Ourense (Café Pop Torgal, 20:30)
Foyone – Santiago de Compostela (Sala Malatesta, 21:30)
O’Funk’illo – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 22:00)
Patricia Moon – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 22:00)

06/04/2018
Rulo y La Contrabanda – A Coruña (Palexco, 21:30)
O’Funk’illo – A Coruña (El Pantalán, 22:00)
Foyone – A Coruña (Playa Club, 23:00)
Terbutalina – Ferrol (Sala Super 8, 22:00)
Rosana – Lugo (Auditorio Municipal Gustavo Freire, 21:30)
Gigi McFarlane – Lugo (Clavicémbalo, 23:45)
Christina Rosenvinge – Ourense (Café Pop Torgal, 20:30)
Mad Rovers – Ourense (Café Cultural Auriense, 21:30)
Apocalyptica – Santiago de Compostela (Palacio de los Congresos, 21:00)
Belako – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 21:00)
Kano Sunsay & Tcap Leviatan – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 22:00)
Nathy Peluso – Vigo (Radar Estudios, 23:30)
Tulio Augusto – Vigo (Café UF, 22:00)
Igloo – Vigo (El Contrabajo, 23:00)

07/04/2018
Belako – A Coruña (Garufa Club, 21:00)
Prime Ministers – A Coruña (Playa Club, 22:30)
Nathy Peluso – A Coruña (Inn Club, 22:30)
Zenzar + Cuarta Xusta – Culleredo (Forum Celticum, 22:30)
Café Quijano – Lugo (Auditorio Municipal Gustavo Freire, 20:30)
Pardo – Lugo (Clavicémbalo, 00:00)
Ismael Serrano – Narón (Pazo da Cultura, 20:00)
Jinetes del Trópico + Sueños de Itaca + Everet (Música Xove Emerxente) – Ourense (Café Cultural Auriense, 21:30)
Guadi Galego – Pontevedra (Teatro Principal, 12:30)
Travellin Brothers – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 21:30)
Kano Sunsay – Santiago de Compostela (Sala Moon, 22:00)
Insaniam, Impaled y Arson Tides – Vigo (Transylvania Pub, 21:00)
Foyone – Vigo (Sala Masterclub, 21:30)
Ángel Zambrana – Vigo (Café Teatro Mimosa, 22:30)
Helena Goch – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 22:30)
Christina Rosenvinge – Vigo (Radar Estudios, 22:00)
SÉS – Vilagarcía de Arousa (Auditorio Municipal, 21:00)

08/04/2018
Thirteen Stars – Cangas do Morrazo (Salason Cangas, 21:30)
Café Quijano – A Coruña (Teatro Colón, 20:30)
Berlai – Bueu (Café Aturuxo, 20:30)
Rosana – Ourense (Teatro Principal, 19:00)
Ismael Serrano – Pontevedra (Auditorio Sede Afundación, 20:00)
Catfish – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 21:00)
Christina Rosenvinge – Vilagarcía de Arousa (Salón García, 13:00)

Segunda edición do PelucaFEST, festival dedicado á peluquería Sara García, que leva xa seis anos aberta. Para esta segunda edición, o elenco é de luxo: Kings of the Beach, Cuchillo de Fuego e diola estarán dándoo todo para aquelas que se acerquen. Como consello, levar perruca.

O PelucaFEST celebrarase o 7 de abril en Vigo, na Iguana Club, a partir das 23:00. A entrada serán cinco euros.

O MelonaFest é un dos festivais por excelencia de Galicia e, xunto ao WOS Inc, a oferta musical máis interesante de todo Santiago de Compostela. Para esta terceira edición, os grupos invitados a participar son Baiuca, Cuchillo de Fuego, Dois, Emilio José e os Indígenas, Manu Louis, Mazmorra, Mounqup, Nidia, Timpahn, Vietnam e, como sorpresa, Esplendor Geométrico encabezan un cartaz que non ten nada que envexar a ningún festival do Estado.

O MelonaFest celebrarase entre o 4 e o 8 de abril, e as entradas xa están á venda a un prezo de 25 euros.

Nathy Peluso

Belako

Christina Rosenvinge