Buena Calle celebra o seu terceiro aniversario cun concerto solidario

O recadado será doado á Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos.

Tras tres anos acercando a música á xente, o 20 de abril Buena Calle celebra o seu terceiro aniversario na Fábrica de Chocolate de Vigo. A entrada será de cinco euros, e os puntos de venta Discos Elepe e wuotick. O recadado será doado á Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos.

Para este terceiro aniversario, os encargados de pór a música serán os galegos punk rock El Hombre Flipante y Los Replicantes e os madrileños Screams on Sunday, que traerán ao noso país o seu rock alternativo.

El Hombre Flipante y Los Replicantes

Screams on Sunday