por | Mar 30, 2018 | Música, Novidades |

Nathy Peluso actuará a vindeira semana en A Coruña, Vigo e Ourense

A arxentina lanzou en 2017 o seu primeiro longo, Esmeralda.

A arxentina Nathy Peluso, unha das imaxes máis coñecidas do hip hop e o rythm and blues no Estado español na actualidade, pasará durante a primeira semana de abril por tres cidades galegas. As súas paradas serán o vindeiro día 5 no Torgal, en Ourense; o día 6 nos Radar Estudios de Vigo; e o día 7 no Inn Club da Coruña.

Nathy Peluso sacou o ano pasado o seu primeiro longo, Esmeralda, onde moitas das súas mellores obras estaban presentes. Máis recentemente, durante este 2018, sacou adiante o sinxelo La Sandunguera, que comparte nome co seu próximo EP e no cal está dito tema contido.

Nathy Peluso