por | Mar 27, 2018 | Música, Novidades |

Rockin’ Vila, SonRías Baixas e Vive Nigrán adiantan novidades dos seus programas

Ainda quedan abonos dispoñibles para moitos dos festivais que se celebran este ano en terras galegas e algúns deles tiveron interesantes anuncios nos últimos días.

De cara ao quinto aniversario o Rockin’ Vila de Vilanova de Arousa, que terá lugar os días 10 e 11 de agosto, fixo esta mesma semana dúas novas confirmacións artísticas. De momento as bandas Funkiwis e Brinkadelia Troupe súmanse ao programa composto por Sés, Terbutalina Barbitúricos. Este último é un grupo formado por tres veteranos da escena galega: Vituco (Ruxe Ruxe), Xurxo Pinheiro (Xenreira, Malandrómeda) e José Manuel Piedra (Desequilibrio Mental, Astarot).

Seguindo polas rías e máis cara ao sur outro dos festivais máis sonados do verán, o SonRías Baixas de Bueu abriu a espita do cartel que presentará entre o 2 e o 4 de agosto na localidade pontevedresa. La Raíz, DesakatoSara Hebe, Terbutalina e The Skarnivals serven de engado para abrir boca a falta de moitas máis confirmacións para esta popular cita.

Baixando un pouco máis no mapa a segunda edición do Vive Nigrán comezou tamén a encher baleiros no cartel. O denominado Picnic Pop festival nigranés, que este ano se trasladou no calendario aos días 20 e 21 de xullo, un mes antes que a súa primeira edición, ofrece ao seu público potencial as actuacións de Depedro, Las Odio, Bigott, Sidonie, León Benavente, Esteban & Manuel e Mueveloreina polo de agora.