A morte de Stalin: Tan divertida como ideoloxicamente nefasta

De vez en cando, toca toparnos con obras coas que non estamos ideoloxicamente de acordo, algunhas incluso sendo boas, aínda que non nos guste recoñecelo. Por exemplo, nadie pode negar que O acorazado Potemkin é unha das películas máis importantes da historia do cine, aínda non sendo afín os principios ideolóxicos do comunismo. E eu, como comunista, non podo deixar de ver certos acertos a Armando Lanucci na dirección de A morte de Stalin (En medio dun montón de desacertos).

A película narra en clave de comedia inglesa as disputas no Politburó tras o falecemento de Stalin, por ver quen se erixía como novo presidente na URSS. Creo que un debate historiográfico non ten lugar aquí, pero dicir que o revisionismo histórico tarda en saír o que os títulos de crédito, o cal tampouco debería sorprender a nadie. As disputas entre Malenkov e Beria con Kruschev son presentadas como pouco menos que unha farsa antidemocrática, nun xogo de espías, traicións e complots. Preséntase a Unión Soviética como un Estado corrupto e totalitario, presidido por unha elite que di gobernar no nome do pobo e sen embargo non teme en pasalo polo paredón a mínima de cambio. En definitiva, e para a sorpresa de absolutamente ninguén: Si, é unha cinta bastante anticomunista. Pero ademáis ten un reverso ideoloxicamente moito máis tenebroso, por que é unha destas obras que se nega a entender como pode funcionar calquer outro sistema político alleo a democracia occidental máis tradicional.

Máis alá do anticomunismo barato, temos a outra crítica da película: Os totalitarismos. Esta pode chegar a verse máis comprensible, máis vendo como está o panorama político mundial. Utiliza a figura do que na memoria colectiva será o peor ditador da historia para falar de se o cambio político nunha ditadura é posible desde dentro ou fora do sistema, pola paz ou polas armas, etc. Pero o malo é que neste sentido tampouco remata de funcionar. A crítica é vaga e todos os personaxes son pouco máis que estereotipos a espera de dicir a frase que os coloque como bos ou malos. Non é unha película valente como algúns críticos empénanse en defender, é pura covardía en calquer sentido político.

Agora ben, entón por que funciona? Pola comedia. Case exclusivamente pola comedia diría, por que cando pasa o drama todos os fallos anteriormente citados saltan a vista como se foran luces de neón. Pero e que cando a película esquece a sátira ou a crítica, é divertidísima. A escena inicial (E en xeral a primeira metade do filme) é o exemplo desto. Cando simplemente mostras a un grupo de pirados intentando como sexa acadar o poder, cando pinta que a política é pouco menos que un festival de idiotas a espera do seu minuto de gloria, ten certa chispa. Os gags están ben plantexados, funcionan ben visualmente, conéctanse ben co resto da trama. O que na “realidade” aconteceu en meses ou incluso anos, aquí transcurre no prazo duns poucos días, todo a favor do ritmo e que a trama non se sinta pesada. O reparto de actores está moi ben pensado e todos funcionan ben dentro do seu rol. En resumo: Que é a graciosa ou ao menos ten certa gracia a hora de tratar a propia trama da película (Que non os seus temas).

A morte de Stalin o final ten a profundidade ideolóxica que pode ter a tira cómica dun xornal, pero coa gracia e o bó detalle técnico dunha boa comedia inglesa. Non creo que exista moita máis intención por parte de Lanucci máis alá de provocar. Conmigo non o conseguiu, pero si pasei un rato agradable e divertido. Tampouco creo que poidera dar moito máis de si unha crítica a URSS presentada como irreverente en pleno 2018.

A morte de Stalin
(The Death of Stalin)


Director
: Armando Iannucci
Música: Christopher Willis
Guión: Armando Iannucci, David Schneider, Ian Martin, Peter Fellows (Cómic: Fabien Nury)
Fotografía: Zac Nicholson
Ano: 2017
País: Reino Unido

Quad Productions / Main Journey / Free Range Films