Yo La Tengo – There’s a Riot Going On

16/03/2018 • Matador

por | Mar 20, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Os estadounidenses Yo La Tengo voltan xa co seu decimoquinto lanzamento de estudio. There Is a Riot Going On é un disco moi tranquilo, pausado e ameno a pesares de que seu título traía consigo unhas connotacións moi diferentes. Trátase sen dúbida de un traballo que xoga coas texturas, os ambientes e as sensacións.

O disco comeza con algunhas das súas cancións formalmente máis tradicionais, You Are Here xoga co son do feedback das guitarras empregándoo como base da canción. En Shades of Blue a influencia de bandas como The Velvet Underground gañan moita presenza. For You Too cos seus ritmos algo máis veloces e marcados é unha das cancións máis destacadas de todo o disco.

A segunda metade de este traballo transcurre polo xeral por derroteiros bastante diferentes aos da primeira. Abandoando con frecuencia a formalidade pop, Yo La Tengo exploran unha dirección máis abstracta, chea de paisaxes e atmosferas próximas ao ambient que brillan especialmente en pistas como Shortwave. Probablemente moita xente abandoe a reprodución de este álbum chegada esta segunda metade, mais tamén teño a sensación para outras tantas persoas será esta vertente máis ambient a que resulte máis interesante. Se ben a accesibilidade de cancións como Shades of Blue fan que a súa escoita sexa máis sinxela, a nivel instrumental pistas como Above the Sound resultan moito máis elaboradas, intrincadas e interesantes.

A proposta de Yo La Tengo neste There Is a Riot Going On  non racha frontalmente co estilo que a banda desenvolveu previamente pero si que logra plantexar ideas novas. Son precisamente aqueles momentos máis atrevidos no formal e no instrumental nos que este traballo resulta máis interesante. É certo que a duración do disco, de máis de unha hora, pode resultar un pouco excesiva sobre todo ao atoparnos ante un álbum que non explora unha grande variedade de emoción sao longo da súa duración, mais tamén é certo que hai material interesante abondo para que o disco logre funcionar de maneira cohesionada.

Yo La Tengo