por | Mar 16, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Novo adianto do disco de Courtney Barnett

Algunhas semanas atrás tivemos a boa noticia de que a cantante e guitarrista australiana Courtney Barnett estaría de volta con un novo disco tras o excelente Sometimes I Sit and Think, and Sometimes I Just Sit. Este novo traballo será titulado Tell Me How You Really Feel e poderemos escoitalo a partir do 18 de maio. Xa tiveramos un pequeno aperitivo con un primeiro single de adianto coa canción Nameless, Faceless, e agora de novo podemos dar unha escoita a outra das cancións que formarán este traballoNeed A Little Time,  que ademáis ven acompañada por un vídeo musical dirixido por Danny Cohen.

Courtney Barnett