Albert Hammond Jr. – Francis Trouble

09/03/2018 • Red Bull Records

por | Mar 15, 2018 | Discos, Música | 0 comments

Onte dicíamos adeus ao astrofísico británico Stephen Hawking. Unha das teorías que defendía este científico era a da existencia de múltiples universos paralelos ao mesmo tempo con distintas realidades en cada un de eles. Se Hawking estivese no certo, en algún lugar ahí fóra haberá un universo no que Albert Hammond Jr. sexa o líder de The Strokes en lugar de Julian Casablancas.

Francis Trouble é xa o cuarto disco en solitario do músico norteamericano. O indie rock que atopamos neste traballo non resulta sorprendente xa que non se alonxa do que xa podiamos ter escoitado no traballo previo de Albert Hammond Jr., e nesta ocasión todavía con máis presencia, nos álbumes dos Strokes. Non se pode negar, Francis Trouble por momentos soa máis aos Strokes clásicos que os últimos discos da propia banda.

Os punteos de guitarras sinxelos e pegadizos, as baterías rápidas, marcadas e constantes as cales eran en boa parte elementos fundamentais do son de discos como Is This It? ou Room On Fire están moi presentes en este álbum.  Mais ao mesmo tempo Albert Hammond Jr. logra deixar a súa pegada persoal nestas cancións, especialmente mediante as melodías da voz e unha instrumentación máis variada.

Esta volta ao estilo de The Strokes pode ser considerada tanto como buscar a zona de confort como unha decisión arriscada. Se ben este estilo seguramente contentará a boa parte das persoas que sintan ganas de escoitar a nova música de Albert Hammond Jr. é un estilo que vive moito da vitalidade e da enerxía, as cales, tras tantos anos ben que poderían terse perdido resultando en un traballo plano e aburrido. Sen embargo cancións como Dvsl ou Far Away Truths demostran todo o contrario. Así mesmo en Tea for Two podemos escoitar a cara máis alonxada do indie rock dos Strokes con guitarras con reverb e chorus e a aparición puntual de un saxofón.

Non vou mentir, Albert Hammond Jr. demostrou con este disco que unha fórmula que eu xa consideraba obsoleta todavía é capaz de darnos discos moi disfrutables. Francis Trouble non é un disco que nos leve por uns camiños sonoros inesperados, pero si que é un disco conciso, moi funcional e divertido.

Albert Hammond Jr.