por | Mar 14, 2018 | Literatura, Novas | 0 comments

Calendario Feiras do Libro de Galicia 2018

As Feiras do Libro de Galicia celébranse cada ano en diversas vilas e cidades galegas, nos meses de primavera e verán, con postos de venda de exemplares xestionados polos libreiros, que se completa cunha extensa programación de actividades paralelas, como charlas, encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros etc., que fan destes eventos unha cita de alto interese cultural.

A programación de espazos na rúa para lle dar visibilidade ao libro e para favorecer un achegamento doado á produción editorial galega é unha das liñas de actuación permanente desenvolvida pola Secretaría Xeral de Cultura, en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia.

Este ano as feiras percorrerán desde o 16 de marzo e ata o 25 de agosto un total de 16 concellos, cun calendario ao que se suma, como novidade, Sanxenxo.

Adxuntamos calendario 2018 de todalas Feiras do Libro en Galicia. (Descargar Documento PDF)

Verín: do 16  ao 19 de marzo

Ferrol: do 19 ao 23 de abril

Santiago de Compostela: do 28 de abril ao 6 de maio

O Porriño: do 10 ao 13 de maio

Lugo: do 15 ao 20 de maio

Ourense: do 30 de maio ao 6 de xuño

Redondela: do 7 e o 10 de xuño

Ribeira: do 21 ao 24 de xuño

Vigo: do 28 de xuño ao 7 de xullo

Sanxenxo: do 10 ao 15 de xullo

Rianxo: do 19 ao 22 de xullo

Ponteareas: do 22 ao 29 de xullo

Mondoñedo: do 24 ao 26 de xullo

Viveiro: do 11 ao 15 de agosto

Foz: do 16 ao 19 de agosto

Monforte: do 22 ao 25 de agosto