Select Page

Young Fathers – Cocoa Sugar

09/03/2018 • Ninja Tune

por | Mar 12, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Cocoa Sugar é xa o terceiro disco dos escoceses Young Fathers, unha banda que foi gañándose un recoñecemento cada vez maior co seu estilo único, case inclasificable, e colaboracións con artistas da talla de Massive Attack. Tras que pasaran xa tres anos dende seu anterior traballo, as espectativas de cara ao novo de Young Fathers eran altas.

Este novo álbum non comete erros respecto aos seus predecesores. Seguimos atopando eses elementos chave que fan do son de esta banda algo tan orixinal. A aproximación ao abstract hip hop tan rítmica e cunhas interpretacións vocais cargadas de actitude. Dende o punto de vista da produción, podería dicirse que este Cocoa Sugar ten un son máis pulido que o de Dead ou o de White Men Are Black Men Too. Persiste o uso de elementos electrónicos analóxicos que dotan ao disco de esas atmosferas orgánicas características de Young Fathers.

Mais a pesar de non cometer erros non presentes nos dous discos anteriores tampouco podemos atopar moito progreso. A principal carencia de Young Fathers é que moitas das cancións que atopamos nos seus traballos non semellan estar de todo rematadas, moitas de elas rematan sen que teñamos chegado a ningún tipo de clímax ou sen contar con estribillos memorables. Os singles que Young Fathers escolleron para promocionar este novo disco foron moi acertados, xa que tanto In My View como Toy son as dúas cancións máis destacables e máis disfrutables de todo o disco.

En certa maneira esta falta de progreso no terceiro disco da banda, como sempre un momento chave para consolidar unha proposta, deixa unha sensación algo agridoce, mais tampouco se deben esquecer todos eses elementos que xa fixeran do traballo anterior de Young Fathers interesante. Coca Sugar é un disco que continúa sendo destacable, diferente, con singles moi acertados e con outras cancións coma See How ou a enérxica Wow as que tampouco deberiamos de deixar de prestar atención.

Young Fathers