por | Mar 12, 2018 | Música, Novas |

Non quero quedar na casa: Kitai, Absolución Emilio Cao, Apartamentos Acapulco + Linda Guilala…

Quedarse con soamente tres concertos desta semana parece unha tarefa imposible. De feito, éo na práctica, xa que aínda que destacamos tres só, tamén poderiamos facer un destaque dos concertos de Yann Tiersen, Niños Mutantes, Hard GZ, o Guateque de Lugo (con Músculo, Maryland, Tottix S e Alex Nite) ou Zahara, que ben merecen calquera deles a participación destacada nesta sección, máis, entre todos, decidimos quedarnos con estes tres:

  • Kitai: Sen un son o suficientemente hipster para considerarse alternativos, máis pertencendo extra-oficialmente a este colectivo musical, poucas cousas soaron tanto nos últimos tempos como Kitai. O seu segundo álbum, Pirómanos, sacado en outubro de 2017, colouse en moitas das listas do mellor do ano cando xa estaban a un par de meses de pechar. Producidos por Juanma Latorre neste último traballo, estarán presentándoo por partida triple en A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela, acompañados nas tres datas polos vigueses Stoyka e, en Santiago de Compostela, polos locais Liquen.
  • Atrás Tigre + Ataque Escampe + Rebeliom do Inframundo + O Leo i Arremecághona: Catro grupos diferentes entre si serán os encargados de inmortalizar o apoio cultural a Emilio Cao, xulgado pola súa participación nas Marchas da Dignidade, o próximo 17 de marzo en Santiago de Compostela. Dende a música alternativa ao rap reivindicativo, pasando polo punk irreverente do Leo, todo en galego, a ocasión promete ser un dos concertos do ano.
  • Apartamentos Acapulco + Linda Guilala: Tamén por partida dobre, en Santiago de Compostela e Vigo, os granadinos Apartamentos Acapulco veñen a presentar dous dos seus últimos traballos, dos mellores do shoegaze estatal, Nuevos Testamentos (2017) e Las Cuatro Esquinas (2018). Estarán acompañados nesta fazaña por un dos mellores grupos do noso país, os Linda Guilala, que traerán pronto nova música tras o seu máis que excelente Psiconáutica (2016)
Axenda Completa

Martes 13/03/2018
Enrique Octavo + Guau! – Santiago de Compostela (A Reixa, 22:15)

Mércores 14/03/2018
Yann Tiersen – Vigo (Palacio de Congresos, 21:30)

Xoves 15/03/2018
Niños Mutantes – A Coruña (Sala Bunker, 21:30)
Kitai + Stoyka – A Coruña (Sala Mardi Gras, 21:30)
Ismael Serrano– Santiago de Compostela (Sala Capitol, 20:15)
Atrás Tigre + Ataque Escampe + Rebeliom do Inframundo + O Leo i Arremecághona – Santiago de Compostela (Sala Malatesta, 21:00)
Black Ice Twice – Pontevedra (El Pequeño Cervecería, 21:30)
Dakidarría – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 21:00)
Café Quijano – Vigo (Teatro Afundación, 21:00)
Sumrrá – A Coruña (Garufa Club, 22:30)
Langfinger – Cangas (Salason Cangas, 22:00)

Venres 16/03/2018
Rodrigo Ramos – A Coruña (Sala Mardi Gras, 22:00)
Alpargata – A Coruña (Garufa Club, 22:30)
Costa – A Coruña (Sala Pantalán, 22:00)
Apartamentos Acapulco + Linda Guilala – Santiago de Compostela (Sala Sónar, 22:00)
Hard GZ – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 21:30)
Putan Club – Santiago de Compostela (A Reixa, 22:15)
Kitai + Stoyka + Liquen – Santiago de Compostela (Sala Moon, 21:30)
Víctor Aneiros – Ourense (C.C. Auriense, 21:30)
Viva Suecia + Rufus T. Firefly – Pontevedra (Sala Karma, 21:30)
Berlai – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 22:00)
Sidecars – Vigo (Sala Masterclub, 22:00)
Dania Alfonso – Vigo (Sala Ártika, 22:30)
Alberto Mvundi – Vigo (El Contrabajo, 23:00)
Sidonie – Vigo (La Iguana Club, 23:30)
JD McPherson – Ferrol (Auditorio de Ferrol, 21:00)
Kodo + Now I Am – Ferrol (Super 8, 22:00)
Seso Duran – Cangas (Salason Cangas, 23:30)

Sábado 17/03/2018
Sidonie – A Coruña (Sala Mardi Gras, 22:00)
Músculo + Maryland + Tottix S + Alex Nite – Lugo (O Mercado Steet Food, 16:00)
Mdou Moctar – Lugo (Vello Cárcere, 20:30)
Rodrigo Cuevas – Ourense (A Arca de Noé, 22:00)
Cuello – Pontevedra (Liceo Mutante, 20:30)
Luz Casal – Vigo (Palacio de Congresos, 20:00)
Apartamentos Acapulco + Linda Guilala – Vigo (Radar Estudios, 21:00)
Comandante Twin – Vigo (La Iguana Club, 21:00)
Lyaman Pablo & Irie Reggae Vibes – Vigo (Sala Doppler, 21:30)
Kitai + Stoyka – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 21:30)
Zahara + Maika Makovski – Vigo (Sala El Ensanche, 21:30)
Costa – Vigo (Island Club, 22:00)
La Fuga – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 21:30)
Desertores – Cangas (Salason Cangas, 23:30)
Los Zentholos – Ferrol (Super 8, 22:30)
Zoo – Santiago de Compostela (Sala Malatesta, 21:30)

Domingo 18/03/2018
Sparzanza – Cangas (Salason Cangas, 22:30)
Zoo – Santiago de Compostela (Sala Malatesta, 20:30)