O novo de My Bloody Valentine será un EP

Kevin Shields, guitarrista de My Bloody Valentine deixara xa caer que a banda estaba traballando en novo material, e recentemente en unha entrevista para NPR afirmou que o próximo lanzamento da banda será un “extenso EP”. Shields afirmou que non quere ser de ese tipo de bandas que saca un album cada 22 anos desaparecendo por completo entre medias e que o plan é sacar varios EPs antes de un novo disco. O último álbum de My Bloody Valentine, titulado MBV foi lanzado lo 2013, e serviu como continuación do clásico do shoegaze e o noise rock Loveless (1991). Escoita a entrevista completa en NPR.

Kevin Shields estreará tamén nova música en forma de colaboración con Brian Eno en un 12″ que saerá á venda no próximo Record Store Day.

My Bloody Valentine