Theresa Wayman, guitarrista de Warpaint, lanza o seu proxecto en solitario

Theresa Wayman acaba de anunciar que o 18 de maio lanzará seu primeiro disco en solitario Love Laws, baixo o nome TT. O disco abordará temas como a maternidade, o amor incondicional e seus altibaixos, a soidade e a vida dos músicos na estrada durante as longas xiras, un disco que a propia Wayman describe como “lento, sexy mais tamén algo emocional”. No disco contará coa colaboración das súas tamén compañeiras en Warpaint Jenny Lee Lindberg e Stella Mozgawa e será producido pola propia Theresa e seu irmán Ivan.

Escoita xa Love Leaks, o primeiro adianto de este disco.

Theresa Wayman