Record Store Day 2018: The National, Arcade Fire, Car Seat Headrest…

Estámonos acercando xa a unha nova edición do Record Store Day, o evento anual que busca apoiar as tendas de discos mediante o lanzamento de material exclusivo e limitado que sae a venda únicamente ese día. Este ano o Record Store Day, que contará con Run The Jewels como embaixadores, terá lugar o 21 de abril e xa coñecemos a listaxe completa de discos que saerán á venda.

Destacan entre outros un disco en directo de The National interpretando ao completo seu álbum The Boxer, un novo 12″ que trae consigo unha colaboración entre Brian Eno e Kevin Shields de My Bloody Valentine, a reedición do EP debut de Arcade Fire, un EP coas cancións que Sufjan Stevens compuxo para Call Me by Your Name, a primeira edición en vinilo do Twin Fantasy orixinal de Car Seat Headrest e reedicións e rarezas de traballos de David Bowie.

Consulta aquí a listaxe completa de lanzamentos.