Select Page

Pavvla – Homemade Stuff

05/01/2018 • Luup Records

por | Mar 7, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

A catalana Pavvla lanzaba xa polo 2016 seu primeiro disco Creatures, un traballo sorprendente, cheo de cancións intimistas e unha coidada produción que acompañaba a estes temas de arranxos electrónicos que por momentos recordaban as producións británicas de artistas como James Blake.

En este novo EP, Homemade Stuff, atopamos algunhas das cancións intimistas presentes no tracklist dese primeiro disco así como algún cortes inéditos. O que non atopamos por ningures son os arranxos electrónicos tan presentes nas súas grabacións anteriores. Homemade Stuff foi rexistrado íntegramente en directo, en unha soa toma con unha grabadora Tascam 244 Cassette Portastudio. Quedámonos polo tanto únicamente co esqueleto acústico das cancións de Pavvla e as súas interpretacións.

Se ben os arranxos que acompañaban as cancións de Creatures resultaban axeitados en todo momento para as cancións, éstas non perden nada cando son desprovistas de eles, de feito semella que a principal razón de que exista este EP é unha especie de reivindicación das cancións por si mesmas. O estilo de Pavvla en acústico recorda a algunhas das composicións de Alex Turner para o filme Submarine, cancións intimistas con letras e progresións de acordes interesantes, interpretadas maiormente por guitarras arpexiadas ou pianos.

Non hai nada rompedor dentro de este EP, soamente un puñado de cancións, algunhas novas e outra vellas, grabadas de unha maneira moi lo-fi, as cales están ben compostas e ben interpretadas e amosan que non precisan de máis elementos para funcionar, que lles chega por si soas. Homemade Stuff funciona xenial como teaser para ir facendo que as nosas ganas polo segundo disco da catalana vaian en aumento.

Pavvla