por | Mar 7, 2018 | Novas |

Atrás Tigre, Ataque Escampe, Rebeliom do Inframundo e O Leo, reunidos para axudar a Emilio Cao

A Sala Malatesta acollerá o vindeiro 15 de marzo un concerto para axudar a Emilio económicamente.

Fai unhas semanas, faciamonos eco de como diversos colectivos culturais enchían as redes de mensaxes en apoio a Emilio Cao, sendo o cultural o primeiro colectivo en abrirse publicamente a apoiar ao rapaz que será xulgado o vindeiro 17 de marzo pola súa participación nas Marchas da Dignidade. Pronto chegaron os apoios políticos en forma de vídeo, mostrando o seu apoio a Emilio Cao políticos recoñecidos como Martiño Noriega, Antón Sánchez, Joan Tardà, Oskar Matute ou Teresa Jordà.

Hoxe, dende a plataforma de apoio a Emilio Cao, Absolución Emilio Cao, acaba de anunciarse en concerto en apoio a este, onde participarán artistas galegos como Atrás Tigre (que veñen de ser nomeados nos premios MIN ao mellor álbum en galego), Ataque Escampe e O Leo i Arremecághona. O concerto realizarase o vindeiro 15 de marzo, na Sala Malatesta, a partir das 21:00, e conta cun prezo de 10 euros. Os beneficios do concerto serán para axudar a Emilio Cao economicamente.

Edición 07/03/18, 22:50: A última hora do día de hoxe, anunciouse a introdución de Rebeliom do Inframundo no cartaz, así como que as entradas atoparanse á venda nos locais composteláns Avante, Brooklyn, Caldereiría e Raíces Galegas.

Ataque Escampe

Atrás Tigre

O Leo i Arremecághona