Superorganism – Superorganism

02/03/2018 • Domino Recording Co

por | Mar 5, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Fai unhas semanas falabamos do proxecto nacido en internet The Pablo Collective, o cal era un reflexo moi axeitado de como funciona a nova cultura da rede do século XXI. Pois ben, Superorganism é un grupo que ten moitos elementos similares a The Pablo Collective. Se The Pablo Collective formouse en internet, concretamente en 4chan, e conta con membros de distintas partes do mundo, Superorganism ten unha configuración de banda máis tradicional, con oito membros tamén de distintos países que se coñeceron en persoa e mantiveron unha amizade grazas ao seu interés común pola cultura dos memes, unha amizade que conservaron de maneira online empregando ferramentas como Skype.

Se The Pablo Collective era un proxecto que xurdiu coa finalidade de crear discos derivados de outras obras, o que se coñece como música de plunderphonics, Superorganism acaban de producir un disco de pop moito máis tradicional. Sen embargo podemos atopar por todas partes en este traballo numerosos samples de todo tipo, moitos de eles mesmo de unha orixe moi musical, polo cal este disco conta tamén con ese elemento de collage de sons xa existentes previamente tan presente na música máis actual.

Hai varios elementos comúns entre estes dous proxectos, máis tamén moitas diferencias. En certa maneira semella que poderían ser como dúas caras de unha mesma moeda. The Death of Pablo era un disco experimental, escuro, que fuxía de calquer tipo de estrutura de canción tradicional e que se movía entre os estilos do dark ambient e o hip hop experimental. Sen embargo en Superorganism atopamos unha proposta moito máis accesible, unha sorte de glitch pop máis alegre e tradicional na súa forma que sen dúbida resulta en unha escoita máis amena. Cancións como It’s All Good e Something for Your M.I.N.D. resultan divertidas ao mesmo tempo que interesantes.

Sen embargo hai un elemento que podemos atopar en The Death of Pablo e que se atopa ausente en Superorganism e trátase da unidade entre as pezas que conforman o disco. The Death of Pablo é un traballo con un concepto moi claro que é capaz de funcionar coma un todo perfectamente, mentres que Superorganism funciona máis como unha breve colección de 10 cancións que coma un único traballo musical. A pesares de isto a proposta estética e a produción de este disco son sen dúbida moi destacables e sinto moita curiosidade por cara onde se pode orientar o futuro de esta banda.

Superorganism