Select Page

‘A forma da auga’ triunfa nunha gala cobarde no reivindicativo e no artístico

A forma da auga  de Guillermo del Toro foi o filme gañador da gala dos premios Oscar celebrada onte, ao lograr catro estatuíñas, dúas de elas a mellor longametraxe e a mellor dirección. Jimmy Kimmel cumpriu sen brillar nunha gala sen moitas sorpresas, unha gala que poderiamos considerar ata cobarde. A única aposta que se podería considerar arriscada en todos os premios entregados onte sería o galardón a mellor guión orixinal para Déixame saír.

Alegrámonos de premios como o de dirección de fotografía para Roger Deakins, guión adaptado para James Ivory, mellor vestiario para Mark Bridges ou mellor filme de fala non inglesa para Unha muller fantástica (un filme con música do galego Nani García), mais non somos capaces de comprender como Kobe Bryant saiu de esta gala cos mesmos premios que Paul Thomas AndersonGreta Gerwig e Agnès Varda xuntas.

No ámbito das reivindicacións esperábanse bastantes referencias ao caso Weinstein e ao movemento Me too, e se ben houbo comentarios puntuais sobre esta cuestión, non foron moito menos suficientes nunha gala que adicou moito máis tempo a glorificar o pasado de Hollywood ou a facer homeaxes en vídeo ao exército norteamericano. A única excepción a esto foi o discurso de Frances McDormand ao recoller o premio a mellor actriz. Queda claro que a industria do cine estadounidense todavía ten moitísimo camiño por diante en cuestións de igualdade, neste aspecto non deberían de ser un referente para ninguén.

 

Listaxe de premios:

Mellor filme: A forma da auga.

Mellor dirección: Guillermo del Toro (A forma da auga).

Mellor actor protagonista: Gary Oldman (O instante máis escuro).

Mellor actriz protagonista: Frances McDormand (Tres anuncios nas aforas).

Mellor actor secundario: Sam Rockwell (Tres anuncios nas aforas).

Mellor actriz secundaria: Allison Janney (Eu, Tonya).

Mellor guión orixinal: Jordan Peele (Déixame saír).

Mellor guión adaptado: James Ivory (Call Me by Your Name).

Mellor filme de fala non inglesaUnha muller fantástica.

Mellor filme animadoCoco.

Mellor banda sonora orixinal: Alexandre Desplat (A forma da auga).

Mellor canción: Remember Me (Kristen Anderson-Lopez, Robert Lopez por Coco).

Mellor dirección de fotografía: Roger Deakins (Blade Runner 2049).

Mellor filme documentalIcarus.

Mellor curta documentalHeaven is a Traffic Jam on the 405.

Mellor curta animadaDear Basketball.

Mellor curta de ficciónThe Silent Child.

Mellor vestiario: Mark Bridges (O fío invisible).

Mellor edición: Lee Smith (Dunkerque).

Mellor maquillaxe e peluquería: Kazuhiro Tsuji, David Malinowski, Lucy Sibbick (O instante máis escuro).

Mellor deseño de produción: Paul D. Austerberry, Jeffrey A. Melvin, Shane Vieau (A forma da auga).

Mellor edición de son: Mark Weingarten, Gregg Landaker, Gary A. Rizzo (Dunkerque).

Mellor mistura de son: Mark Weingarten, Gregg Landaker, Gary A. Rizzo (Dunkerque).

Mellores efectos especiais: John Nelson, Paul Lambert, Richard R. Hoover, Gerd Nefzer (Blade Runner 2049).